20/12/18

Bo Nadal

Para os que non puidéchedes acercarvos ao cole para ver o festival de Nadal, aquí tendes algúns dos adornos que temos polos pasillos.

 Árbore de Nadal
Cheminea

Disfrutade moito das vacacións, pasade moito tempo en familia e regaládelle aos vosos seres queridos tempo e cariño.
Bo nadal!!

9/12/18

DECEMBRO





Ola, aquí tendes o calendario de DECEMBRO.

O alumnado de 1º decorou a película Mary Poppins e escribiron a palabra "SUPERCALIGRAFILISTICOESPIALIDOSO"!!

Podedes descargar o calendario completo no seguinte enlace:

https://www.dropbox.com/s/pk05i1hjd4bs4p8/Calendario%202018-19%20CEIP%20Atios.pdf?dl=0

Feliz Nadal!

8/11/18

TRABALLOS SAMAÍN 5º

Os alumnos e alumnas de 5º tamén fixeron uns traballos para Samaín.
Debuxaron e describiron as súas cabazas.



O Samaín mola e o galego máis!!

31/10/18

Calendario NOVEMBRO




Ola, aquí tendes o calendario de NOVEMBRO.
Este mes a película é GREASE!!

Podedes descargar o calendario completo no seguinte enlace:

https://www.dropbox.com/s/pk05i1hjd4bs4p8/Calendario%202018-19%20CEIP%20Atios.pdf?dl=0

Bo día de Samaín!

CABAZAS SAMAÍN



Xa chegou o día, aquí temos unha pequena montaxe de vídeo coas fotos das grandes CABAZAS que fixeron os nenos e nenas do cole.

Acompañado de música en galego de Mamá Cabra sobre a festa celta.

O vídeo está en Youtube e o podesdes ver premendo o seguinte enlace:



29/10/18

Sanmaín. Xornada de portas abertas



Mañá martes 30 de novembro, podedes pasaros a ver a exposición de cabazas do cole. Aberto de 17 a 18h.
Son unha pasada!


Vémonos!

26/10/18

Mochilas viaxeiras

Ola a tod@s, xa están rulando polas casas as mochilas viaxeiras con diferentes materiais en galego para toda a familia.

Con esta actividade os vosos fillos/as aumentarán o seu gusto pola lectura ademais de crear lazos de afecto e confianza nun espazo educativo.

Recordade escribir e/ou debuxar no caderno viaxeiro para despois contarnos en clase as vosas vivencias e opinións.

Esperamos que vos gusten e que aproveitedes todo o potencial que hai detrás desta actividade.

Boa semana!!





Os nenos se fan lectores no regazo dos seus proxenitores




19/10/18

Novos libros en galego na Biblio




Temos novos libros na biblioteca do centro, case todos en galego. Cada vez son máis nenos os que veñen no recreo a coller un libro e desfrutar da lectura. Anímovos a facer o mesmo. Un saúdo!

3/10/18

CALENDARIO






Ola de novo, aquí tendes o calendario de outubro.
Este mes a protagonista é Pippi Calzaslargas!!

Podedes descargar o calendario completo no seguinte enlace:

https://www.dropbox.com/s/pk05i1hjd4bs4p8/Calendario%202018-19%20CEIP%20Atios.pdf?dl=0

Bo día!

Recuncho FALA GALEGO E ALIMENTA O TEU EGO



Nos pasillos temos un recuncho dedicado ó galego, debaixo do noso lema "Fala galego e alimenta o teu ego" encontramos una gran variedade de chistes para pasalo ben empregando a nosa lingua.

20/9/18

VOLTAMOS DAS VACACIÓNS DE VERÁN

Ola a todos, xa estamos de volta no cole, hai algunas caras novas tanto no alumnado coma no profesorado e esperamos que sexa un gran ano e que o galego teña o papel que merece. Tamén hai movementos na Biblioteca do centro, con novas adquisicións coma as seguintes:



Isto é chegar e encher!

Esperamos que sexan do voso agrado e que todos teñamos un ano moi productivo.
Un saúdo! ;)

22/6/18

GRADUACIÓNS

Hoxe foi un día cheo de emocións, para os nenos e nenas, para as familias e como non para os mestres. O grupo de sexto de educación infantil graduábase e deixaba atrás a etapa de infantil para comezar a volta das vacacións a educación primaria.
Ao mesmo tempo diciamoslle ata sempre aos nenos e nenas de sexto de educación primaria xa convertidos nuns mociños e mociñas con moitas ganas de experimentar que é iso de ir o instituto e sentirse maiores.


21/6/18

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO

Como cada ano o noso alumnado realizou a excursión de final de curso. Neste caso os nenos e nenas de infantil foron a Apipolis, lugar onde aprenderon unha morea de cousa sobre as abellas, vestíronse de apicultores e apicultoras e o máis importante disfrutaron moitísimo.

 

APIPOLIS

Como non podía ser doutro xeito o alumnado de primaria tamén disfrutou da súa excursión de final de curso. Este ano o lugar elixido foi a Xesteira, lugar onde puideron realizar escalada, lanzarse en tirolina, meterse nunha cova e aprender moitas cousas interesantes no obradoiro de bioloxía.


12/6/18

CANTOCONTO

Chegounos información sobre o festival de Cantoconto que se celebrará no Pazo de Mos o vindeiro 17 de xuño, ao longo da xornada realizaránse dous contacontos impartidos por Xarope Tulú e A Gravata Torta así como diferentes obradoiros e moitas cousas máis.
Aquí deixamos a información por se vos interesa.

9/6/18

O ALUMNADO DE QUINTO TRABALLA A DESCRICIÓN

Os nenos e nenas de quinto estiveron traballando a descrición de persoas, nesta ocasión tiñan que describir a un membro da súa familia. Algúns escolleron a súa nai,o seu irmán e  outros a un curmán. A verdade é que quedaron unhas descricións moi fermosas e completas.
Aquí as deixamos por se queredes botarlle unha ollada.


SEGUEN CHEGANDO TRABALLIÑOS DA COMUNIDADE DE MONTES

Esta semana temos máis traballiños que fixerón os alumnos de 3º e algunhas alumnas de sexto para colaborar coa comunidade dos montes de Atios. Onde ademáis de mostrar as súas dotes artisticas empregaron a nosa lingua para a realización deste traballo.






3/6/18

COMUNIDADE DE MONTES

Xa temos no cole algúns dos traballiños que os nosos nenos e nenas fixeron para colaborar coa Comunidade de Montes. Neles trátanse temas coma a reciclaxe, a regra das tres R, a flora e a fauna dos montes de Atios...


20/5/18

MÁIS ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS 2018

Xa estamos aquí de novo para vós amosar algunhas actividades máis que levamos a cabo polas "Letras Galegas" para comezar traballamos a figura de María Victoria Moreno de diversos xeitos, tal e como podedes ver nesta presentación.


María Victoria Moreno

Ademáis celebramos o "Serán" no que gozamos da nosa música e do noso baile tradicional para iso contamos coa presenza da asociación  "Os Penediños" da que moito do noso alumnado é membro. Sen dúbida foi unha gran xornada de convivencia de toda a comunidade educativa.


15/5/18

LETRAS GALEGAS 2018

Estes días o cole convertiuse nunha festa xa que estamos a realizar diversas actividades para celebrar as "Letras Galegas" que este ano se lle adican a María Victoria Moreno. Comezamos cos recunchos de lectura aos que os nenos e nenas acuden para poder ler diversos contos. Mirade que ben o pasan!


RECUNCHOS DE LECTURA

Ademais contamos co contacontos de "Tarabelos" que veu acompañado polo seu Kamisibai que é un teatriño xaponés que se emprega para contar historias aos nenos e nenas. Mediante unhas láminas ilustradas o narrador vai contando o conto mostrando os debuxos  segundo vai sucedendo a historia. Foi un conto moi divertido xa que tivemos que participar facendo diferentes cousas.



Nestes días colgaremos máis actividades que estamos realizando para conmemorar esta data. Esperamos que vós gusten tanto como a nós.

7/5/18

PROXECTO O NOSO CORPO

O alumnado de primeiro esta realizando un proxecto sobre o corpo, nel aprenden como se chaman os ósos que forman o seu corpo, os músculos, cales son os aparellos que temos e para que serven. Ademáis de investigar sobre cantos sentidos temos as persoas, cales son os seus órganos e que podemos facer a través deles e moitas cousiñas máis.
Aquí vós deixamos unha pequena mostra

23/4/18

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Para celebrar o día do libro no cole, contamos coa visita de Anxo Moure que veu a contarnos uns contos sobre as árbores e a terra. Ademáis realizamos un ano máis a actividade "Ti + Eu = LIBRO" onde os maiores e os pequenos do cole comparten lecturas e o rematar o conto fan un debuxo sobre o mesmo. Este debuxo será unha páxina dun novo libro que elaboraremos entre todos e que por suposto, poderedes gozar del cando este rematado na biblioteca.

19/4/18

PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES

Estamos traballando co alumnado de cuarto, quinto e sexto un programa de educación en valores. Concretamente "Programa Cinensino" mediante o cal o alumnado toma conciencia dos distintos valores a través do visionado de diversas películas  coa súa correspondente unidade didáctica, na que realizan diferentes actividades.

18/4/18

Novas adquisición para a biblioteca

A nosa biblioteca non deixa de medrar, aquí tedes dúas novas adquisicións. Esperamos que vos gusten e poidades gozar moito coa súa lectura.

15/4/18

CONCURSO

Dende o cole seguimos a participar nos diversos concursos que nos chegan. Neste caso o alumnado de terceiro e cuarto de primaria van a reflexionar sobre a importancia da auga, ademáis de aprender poden gañar uns premios moi tecnolóxicos. Aquí vos deixamos a información.



5/4/18

OBRADOIRO COEDUCACIÓN

Os nenos e nenas de cinco anos tiveron hoxe a segunda xornada do obradoiro de coeducación. Tiveron que debuxar a unha persoa realizando a súa profesión, e sabedes unha cousa? só había catro mulleres traballando nos seus debuxos. Despois viron un vídeo doutro cole no que sucedeu o mesmo pero contaron coa visita de tres persoas vestidas cos seus uniformes e as tres eran mulleres cousa coa que non contaban porque pensaban que nesas profesións no podían traballar homes. Logo tivemos que darlle voltas a cabeza pensando se coñecíamos algunha profesión que só fose para homes e outra só para mulleres, e descubrimos que non existe; todas as profesión poden realizalas tanto homes como mulleres. Despois vimos un conto no que había homes e mulleres facendo cousas as que non estamos acostumados a ver. Tivemos tanta sorte que ese mesmo conto nolo deron como agasallo para poder colorealo na nosa casa, e tamén unha lámina cun home e unha muller espidos os que lle podíamos vestir a roupa da profesión que nos quiseramos iso despois de coloreala. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.

24/3/18

CHARLA APÍCOLA

Onte no cole disfrutamos aprendendo sobre o mundo das abellas, e como agasallo levamos para casa un frasquiño de ouro doce de Galicia.



12/3/18

8 de Marzo "DÍA DA MULLER"

Dende o día 8 de marzo e ata hoxe estivemos conmemorando no cole o día da MULLER, para iso cada curso, e os especialistas escolleron unha muller para traballar coas nenas e nenos. Deste xeito coñecemos unha morea de "Mulleres Extraordinarias" titulo que leva o noso panel e no que xa locen todas as mulleres das que estes días aprendemos cousas.
En 4º de educación infantil escolleron a Miriam Blasco que ademais de ser mestra conseguiu unha medalla de ouro no mundo do deporte. En 5 de educación infantil contáronnos a vida de Gloria Fuertes coñecida coma a poeta dos nenos/as. En 6º de educación infantil faláronnos sobre Heller Keller a primeira muller sorda, cega e muda que foi a universidade. Os nenos e nenas de 1º escolleron a Concepción Arenal que para poder ir a Universidade tivo que disfrazarse de home. En 2ºA presentáronnos a Vero Boquete futbolista mediante un programa de radio. As alumnas e alumnos de 2ºB faláronnos sobre Olimpia Valencia que estudou para mestra  pero como non era o que lle gustaba fixose doutora de xinecoloxía. En 3º escolleron a Mary Shellye autora do famoso libro Frankestein. En 4ºA decantáronse por Shirin Ebadi defensora dos dereitos dos nenos/as e que logrou traballar de xueza. 4ºB retratounos como foi a vida de Frida Khalo que pintou máis de 200 cadros. 
O alumnado de 5º quixo darnos a coñecer a Malala Yousalzai foi a rapaza máis nova que gañou o premio Nobel. En sexto decantáronse por Miriam Makeba cantante africana coñecida como "Mamá África". A mestra de inglés traballou sobre Amelia Earhart famosa piloto nada en EE.UU. 
O departamento de orientación xunto coa mestra de educación física achegáronnos a Susana Rodríguez que presentando unha discapacidade visual importante traballa no hospital de Santiago de Compostela e é unha gran deportista.
Como vedes as nosas Mulleres Extraordinarias son moi interesantes.


7/3/18

CONTACONTOS PACO NOGUEIRA

Hoxe no cole gozamos dunha mañá chea de contos da man de Paco Nogueira. As nenas e nenos de primerio e segundo, pasárono xenial!!



25/2/18

ROSALÍA DE CASTRO

O pasado venres no cole celebramos o día de Rosalía de Castro, unha das grandes escritoras galegas, xa que este ano o seu día propio era o sábado. Fixémolo aprendendo cousas da súa vida e da súa obra, recitando poemas que incluso non atrevemos a recitar pola megafonía do cole, decorando uns marcapáxinas e unhas chapas que lucimos no súa honra, completando partes do seu poema, e incluso nalgún curso se atreveron a realizarlle unha entrevista a nosa escritora,e puxéronlle música ao seu poema "Adiós Ríos".


19/2/18

VI CERTAME DE RELATO CURTO

Está aberto o prazo para participar no VI Certame de Relato Curto, é unha boa oportunidade de escribir algunha das vosas historias na nosa lingua e participar no mesmo xa que hai varios premios. O prazo de entrega vía mail é ata o 28 de febreiro. Animádevos!!!

 

15/2/18

Festa do Entroido 2018

O pasado venres día 9 de febreiro o cole pintouse de diversas cores coa chegada do Entroido. Houbo tribus Africanas, persoas procedentes de China , Texas, Grecia, Samberos, Exipcios e ata unha tribu Maori, en definitiva o cole foi un reflexo da diversidade que existe no mundo no que vivimos. Cada curso realizou unha coreografía coa música propia ao seu atuendo e para rematar alumnado, profesorado e familias compartimos uns doces típicos destas datas. Para aqueles que non nos puidestes acompañar aquí vos deixamos unha pequena mostra.
Só nos resta dar as grazas a todos e todas por facer posible esta gran festa.



7/2/18

4º Mandadiño

O entroido xa se achega e o noso Meco, deixanos o último mandadiño deste curso. Mañá ademáis da roupa o revés un adorno no pescozo e no cabelo temos que traer un zapato de cada par.
Non vos esquezades!


6/2/18

3º Mandadiño

Como non podía ser doutro xeito o noso Meco xa nos deixou o tercer mandadiño polo que mañá ademáis dunha prenda do revés, algo decorando o noso pescozo debemos traer un adorno no cabelo. Animádevos a participar!!!



5/2/18

2º Mandadiño

Xa nos deixou o Meco o segundo mandadiño, mañá ademais de traer algo do revés temos que vir con algo no pescozo.  Non vos esquezades!

 

2/2/18

ENTROIDO

Hoxe ao cole chegou un personaxe moi esperado por nós o Meco e coma todos os anos xa nos deixou o primeiro dos seus mandadiños. Lembrade que todos os mandadiños son acumulativos. Por se non sabedes o que hai que traer o luns día 5 aquí o tedes. 



1/2/18

DÍA DA PAZ

Onte no cole celebramos o día da PAZ, aínda que para nós,  a paz e todos os días do ano. Como xa ven sendo costume ano tras ano conmemoramos este día cunha carreira solidaria que ten por obxectivo recadar alimentos para as familias máis necesitadas, este ano aqueles que quiseran participar tiñan que aportar leite, azucre ou aceite. Debemos dicir que a participación foi moi abundante, coma sempre, as familias brindaron ao cole todo o seu apoio participando na carreira cos seus fillos e fillas.
Como decoración contamos cos murais que cada clase fixo con debuxos e palabras relacionadas coa paz na nosa lingua, o Galego. Cada paricipante decorou o seu dorsal e para rematar un día tan fermoso cantamos todos xuntos a cantiga "Quérote máis" de Sonoro Maxin.
Solo nos resta darvos as grazas a todas as persoas que dun xeito ou doutro colaborastes con nós para poder levar a cabo esta xornada de convivencia entre escola e familias. E para os que non poidestes acudir nese día aquí vos deixamos unha pequena mostra.



25/1/18

RECUNCHO DO GALEGO

O Recuncho do Galego vai cobrando vida xa conta con slogan e coas vosas aportacións. Mirade que fermoso loce!