26/2/16

FROITAS NAS ESCOLAS

E para rematar a semana.....


TODO ME FALA DE TI





27 DE FEBREIRO DE 2016

18H.

Biblioteca Pública Municipal Vidal Pazos 

MARÍN



Os recoñecidos músicos Uxía, Magín Blanco e Santi Cribeiro -que teñen mostrado a súa mestría para engaiolar o público infantil en traballos como María Fumaça, Rosalía pequeniña, A nena e o grilo ou Gatuxo- cantan os textos do poeta da Terra Cha neste concerto familiar que se desenvolverá en 15 concellos da Rede de Dinamización Lingüística.




19/2/16

18/2/16

O BIGOTE DE MIMÍ

Co obxectivo de favorecer todo o posíbel que este ano das Letras Galegas dedicado a Manuel María se traballe durante todo o curso escolar arredor da súa obra, a Casa-Museo Manuel María estamos a ofrecer desde hai varios meses toda unha serie de novos recursos didácticos dirixidos a potenciar ese traballo complementar nas aulas: o máis recente, unha unidade didáctica sobre a obra O bigote de Mimí elaborada por dúas mestras e un mestre do CEIP Galán de Oseiro (Arteixo).



12/2/16

PRIMEIRAS ADQUISICIÓNS DO ANO PARA A BIBLIOTECA




El poder de la imaginación y su capacidad transformadora de la realidad son los elementos que utilizan Rosie y sus amigos para reinventarse cada día. Jugar a ser otro, diluirse en diferentes máscaras para hacer de la vida un lugar emocionante.





Ni el perro, ni el gato, ni el canario, ni los peces son ya la mascota ideal, sino un orondo rinoceronte, cuya presencia en el hogar aportaría múltiples ventajas (y algunos inconvenientes que el autor pasa por alto con generosa indulgencia).




Ía ser unha festa, pero os amigos de Coello fixéronse ideas moi distintas e estrafalarias sobre aquela sorpresa. Humor e rumor nunha historia que se presta a xogar.






Un clásico de 1936 referente do pacifismo a nivel mundial e a prol do naturalismo; censurado por uns, encomiado por outros e premiado.





9/2/16

LETRAS GALEGAS 2016: MANUEL MARÍA

Presentámosvos a páxina web CASA MUSEO MANUEL MARÍA


A Casa Museo é o espazo no que se alberga o conxunto do legado de Manuel María e, ao mesmo tempo, a sede da Fundación. Foi inaugurada o día 7 de setembro de 2013. Está concibida como un espazo físicopara acoller a biblioteca, manuscritos, obxectos persoais ou calquera outro feito relacionado con Manuel María e que serva, ademais, como lugar de referencia para dar a coñecer a súa obra e figura entre o pobo galego, e en especial entre as novas xeracións.




2/2/16

ACTIVIDADES PARA O ENTROIDO


A páxina web da CGENDL acolle unha vez máis un monográfico especial sobre o Entroido con materiais para traballar nos centros escolares e nas casas.
Neste sitio web reunen recursos didácticos de diferente fasquía como actividades, vocabularios, manualidades, audiovisual, publicacións, etc.