25/11/19

25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL DA VIOLENCIA DE XÉNERO

Ao longo da xornada de hoxe, todo o alumnado do cole foi pasando polo pavillón para pintar un pedaciño do mural en contra da violencia de xénero. Deste xeito conmemoramos unha data tan importante coma o 25 de novembro "Día internacional en contra da violencia de xénero" na que os rapaces e rapaces sensibilizáronse cun tema moi importante para todos nós. Coa esperanza de que pouco a pouco esta problemática desapareza e todos e todas podamos gozar da verdadeira liberdade.

                                 

Na materia de valores o alumnado de sexto elaborou un panel con diversas situacións relacionadas coa violencia de xénero. Ademais cantáronnos un rap para que nos quedase claro que NON  é  NON.




19/11/19

"GAIA" MÚSICA E DANZA

Hoxe o alumnado de terceiro e cuarto de primaria gozaron dunha sesión de música e danza. A través da que coñeceron cales son os problemas que existen no noso planeta, salientando a contaminación, e o  cambio climático entre outros. O necesario que é que o axudemos a non contaminar empregando a regra das 3R...
Explicáronnos a través do movemento como se producen os días e as noites, as estacións e os cambios que se están observando en cada unha delas co que iso conleva, escasez de colleitas, deterioro da natureza e o planeta en si mesmo.  Para rematar amosáronnos como podemos coidalo para conseguir un planeta san no que poder vivir.


ESCORNABOT


Levamos uns días gozando da visita do Escornabot, un robot cedido por uns días polo CFR de Vigo co que realizamos actividades de repaso de matemáticas, traballamos o seguimento de instrucións e tamén as emocións.

Todo comezou como un reto pois nin nenas/os nin mestras/es traballáramos antes con el, pero sempre hai unha primeira vez, así que puxémonos mans a obra. Decidimos os contidos que queriamos traballar, comprobamos cantos centímetros avanzaba o Escornabot para crear un taboleiro axeitado aos seus desprazamentos. Collemos unha cartolina e a repartimos en tantas celdas como queriamos que tivese o taboleiro, tendo que medir e repartir o espazo. Unha vez que estivo listo comezamos a darlle forma as tarxetas, tanto as de cuestións como as de resposta. Deseñamos no ordenador un cadro de texto de 12x12 para que as celdas tivesen o tamaño preciso aos movementos do robot. E comezamos a pensar probas matemáticas e as súas respostas para o primer taboleiro, seguimento de instrucións para o segundo, asociándoas coas figuras xeométricas de tal xeito que , ao mesmo tempo que executabamos a orde, repasamos un concepto como o das formas xeométricas e como tiñan cores pois cando dubidabamos tiñamos unha pequena pista. O terceiro taboleiro, decidimos que fose o das emocións pensando situacións onde as empregamos, cando estamos tristes, cando estamos contentos, cando nos enfadamos, cando nos aburrimos ou nos asustamos.
Unha vez que estiveron listas, imprimímolas e a continuación as plastificamos para evitar o seu deterioro. Tivemos que recortalas para que acadasen o tamaño axeitado a celda. Cando xa tivemos todo listo  chegou o mellor dos momentos, a hora de xogar! Establecemos quendas de xogo, escollemos a tarxeta, leémola, pensamos como podía chegar o Escornabot a celda de resposta e executamos os movementos mediante os botóns que contén o mesmo, que anteriormente xa a mestra nos explicara o movemento que realizaba cada un deles. E para rematar poñiamolo a funcionar e comprobabamos se o fixeramos ben ou se cometeramos algún erro. Nas primeiras sesións de traballo houbo algún que outro falliño pero coa axuda dos compañeiros logramos solventalos e conseguir que o Escornabot chegase con éxito.

Aquí podedes ver unha pequena mostra de todo o proceso. Divertido, non si?
















15/11/19

PLENO INFANTIL

Hoxe unha pequena representación do noso alumnado acudiu ao Concello para expoñer as súas propostas nun pleno infantil. Mentres os demais podiámolo ver dende a aula. Esperemos que vos fagan caso e dean resposta as vosas peticións.


13/11/19

MOCHILAS VIAXEIRAS

Fai uns días que comezaron a súa andaina as mochilas viaxeiras, esperamos que todos e todas gocedes dun ratiño de lectura compartida nas vosas casas. Achegandovos un pouquiño máis a lingua galega.


9/11/19

MAGOSTO

Onte gozamos no cole dunha mañá de Magosto, participando en  xogos populares adaptados a temática. Unha vez que xa estabamos cansos de tanto xogar chegou o momento máis esperado por todos e todas a degustación de castañas asadas, umm que boas estaban! Mentras se preparaban os xogos nas aulas aprendemos cousas sobre o Magosto e a súa orixe, realizamos os diversos cucuruchos e ata elaboramos un mural con refrán. Sen dúbida, unha mañá moi moi intensa.




 Aquí vos deixamos o panel de refráns tan fermoso que fixeron os alumnos e alumnas de sexto A. Mergullándose  deste xeito na cultura de Galicia.


1/11/19

CALENDARIO DE NOVEMBRO

E cun abrir e pechar de ollos xa chegou o mes de novembro, o tempo pasa moi rápido. Aquí tedes o calendario deste mes por se queredes descargalo.