28/10/17

Exposición de cabazas

Para aqueles que queirades desfrutar da exposición de cabazas ou calacús que fixemos no cole por mor do Samaín, aquí vos deixamos unha presentación do máis terrorífica.
Moitas grazas a todos/as os que colaborastes para que esta actividade poidera sair adiante.
Desfrutade moito e non pasedes medo!!!

25/10/17

Xornada de portas abertas

No cole estamos a preparar unha exposición coas cabazas que ides traendo. Vós lembramos que o prazo para poder traelas vai dende o mércores 25 ao venres 27 de outubro.
O xoves 26 de outubro pola tarde celebraremos unha xornada de portas abertas  de 15:30 a 17:00 h. para todos os que queirades ver a exposición e desfrutar da creatividade que teñen o noso alumnado e as súas familias.



Animádevos a participar!

5/10/17

Novas adquisicións

No cole estamos de noraboa,  a nosa biblioteca segue medrando coas novas adquisicións de libros da editorial Kalandraka, en breve estarán listos para que os levedes as vosas casas en servizo de préstamo.
 Esperemos que gocedes moito con eles.


2/10/17

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

A partires de hoxe comezan a visitar as vosas casas "as mochilas viaxeiras", actividade deseñada para aumentar o interese e gusto pola lectura nas familas.

Esta actividade cobra gran importancia no proceso educativo dos vosos fillos/as xa que mediante ela, posibilítase a mellora de destrezas e competencias na lectoescritura.

A mochila viaxeira contén unha morea de libros, para os máis cativos, para os propios nenos/as, para os pais/nais...  de diversas temáticas así como un dvd do que podedes gozar todos xuntos. Así mesmo atópase un caderno no que contar as vosas vivenzas a través de debuxos, texto ou as vosas opinións sobre a mesma.

Esta visita terá unha duración dunha semana, o luns un neno/a levará a mochila a súa casa e o seguinte luns terá que devolvela para que outro compañeiro/a a leve ao seu fogar. Unha vez rematada a viaxe o neno/a exporá na clase o que el/ela e a súa familia fixeron no caderno viaxeiro.

Desta maneira pretendemos salientar a importancia das familias na formación do alumnado.

Non esquezades que,  os nenos fanse lectores no regazo dos seus pais!!