POR AQUÍ VOS DEIXAMOS ALGUNHAS FOTOS DO CONCURSO DE CABAZAS QUE SE REALIZOU NO NOSO COLE POLO SAMAÍN. QUE TERRORÍFICAS!!!
30/10/15
28/10/15
EXPOSICIÓN INTERNACIONAL DE CARTELISMO
Adxuntamos información da
Exposición Internacional de Cartelismo Terras Gauda – Concurso Francisco Mantecón
que se celebra ata o próximo 25 de novembro na Estación Marítima de Vigo.
1.310 carteles de diseñadores gráficos de 59 países participan na Bienal, homenaxe ao artista galego Francisco Mantecón e foro de encontros de novos creadores e correntes artísticas.

Todos os días da semana. En horario de 11 a 14 horas e de 18 a 21 horas.
26/10/15
A BIBLIOTECA ESCOLAR: BASE DE EXPLORACIÓNS!
Queremos transmitir a información recibida polos nosos compañeiros da Editorial Kalandraka:
Unha selección de obras editadas por Kalandraka que responden á temática escollida este ano dende Bibliotecas Escolares:
“A biblioteca escolar: base de exploracións”
Nela atoparedes obras de información, de utilidade investigar sobre o mundo real, pero tamén álbumes que vos transportarán a lugares imaxinados e que mesmo vos convidarán a reflexionar sobre o verdadeiro sentido de viaxar.
Un feixe de historias que agardamos axuden aos máis cativos a explorar o mundo e a compartir o aprendido.
21/10/15
NON BOTES O LIXO NO MAR
Queremos compartir con vós este vídeo que a SXPL nos acaba de facer chegar. Colaboraron máis de 150 rapaces e rapazas para dar a coñecer e previr o grave prexuízo que causan os residuos no medio mariño:
12/10/15
OS AXÓUXERES
A Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha unha nova edición do seu programa de dinamización lingüística para familias con bebés e nenos/as de 0 a 6 anos. Trátase dunha iniciativa de promoción da transmisión interxeracional da lingua galega que, por medio da música, do xogo e das palabras, busca favorecer a incorporación do idioma nas familias novas e ofrecerlles unha proposta de lecer en galego na que se inclúen novos materiais e propostas que permitirán darlle continuidade á actividade no fogar.
7/10/15
Suscribirse a:
Entradas (Atom)