2/12/16

A MOCHILA VIAXEIRA

Esta actividade, de animación á lectura, está deseñada para estimular o interese e gusto pola lectura nas familias participantes e supón un traballo educativo, organizado e sensibilizador ao redor do hábito lector, ao tempo que mellora destrezas e competencias na lectoescritura.

Lembrámosvos  que cada venres un neno ou nena do grupo levará a mochila para a súa casa. Disporá de toda a semana para “viaxar” con ela, ata que o seguinte venres terá que ser devolta.

Dentro da mochila, como xa sabedes, atoparédesvos con un montón de libros, variados na súa temática, para ler en familia.  Tamén vos atoparedes co Caderno Viaxeiro, un caderno no que, tamén xuntos, contaredes as aventuras que vivistes “viaxando coa mochila”: comentando o libro que máis os gustou, as emocións vividas, a experiencia de traballar en familia…, empregando palabras, debuxos, imaxes…

Rematada a semana o neno ou a nena exporá na clase o que él e a súa familia fixeron no Caderno Viaxeiro.

Está nas vosas mans estimular aos nenos e nenas no gusto pola lectura.  A nosa Mochila Viaxeira pretende  pór de manifesto  o papel da famila na formación do alumnado.

Contamos coa vosa participación.

E lembrade que…  si vós ledes eles len!


30/11/16

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO


O  pasado venres, 25 de novembro, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. En colaboración coas familias, elaboramos un mural para mostrar a nosa repulsa contra a Violencia de Xénero, porque nós… CO MALTRATO NON FACEMOS TRATO!


24/11/16

CELEBRAMOS O MAGOSTO


Como cada ano, e gracias á colaboración das familias, celebramos de novo o MAGOSTO comendo ríquisimas castañas e despois, para baixar a comilona nos organizamos para divertirnos xogando como facían antes os nosos avós e avoas, eses xogos populares e tradicionais que perduran no tempo para sempre. Aquí vos deixamos unha probra do gran día que pasamos pero podedes ver máis fotos como esta na páxina web do cole.




O samaín no cole de Atios



O pasado 28 de outubro festexamos no noso centro o habitual día de Samaín/Halloween. Durante esa semana trouxemos cabazas decoradas e o venres divertímonos cos nosos disfraces terroríficos.

Tamén fixemos uns divertidos talleres de chuches e galletas e de maquillaxe. Deixamos varias imaxes para que o vexades pero podedes disfrutar de moitas máis na galería de imaxes da páxina web do cole:
  

www.edu.xunta.gal/centros/ceipdeatios



20/6/16

CAMPAMENTO DE VERÁN

Deixamos por aquí un cartel con información que acaba de chegar do Concello. Os nenos/as levarán información para as casas para qure vos poidades enterar mellor!!!
Animádevos!


17/6/16

ALLARIZ AGARDA POR NÓS!!!

O vindeiro martes todo o cole vai viaxar a Allariz para realizar unha excursión conxunta de fin de curso. Temos moitas actividades programadas e esperamos pasalo moi ben.
Por aquí vos deixamos algunha foto e un enlace á páxina web do concello para que vaiades descubrindo cousiñas.






14/6/16

GRACIAS JENNI!!!

Aquí vos deixamos unha foto do último traballo feito por Jenni cos nosos alumnos/as antes de rematar a súa labor no noso cole.
Un mural moi bonito que nos da a benvida e que poderedes ollar na parede do salón de actos.
Moitísimas gracias por todo Jenni e moitísima sorte!!!
O EDLG do Ceip Plurilingüe de Atios



10/6/16

XXVII FESTA DO MONTE EN ATIOS

Non volo perdades!!!! Por aquí vos deixamos o programa da festividade que terá lugar este Domingo na nosa parroquia!!!
A pasalo moi ben!!!


8/6/16

TRABALLOS PARA A FESTA DO MONTE

O noso cole ven de presentarlle varios traballos á organización da Festa do Monte deste ano como participación de todo o alumnado do centro nesta actividade.
Por aquí vos deixamos algunhas fotos. Desexamos que vos gusten!!!














6/6/16

ADIANTO INFORMATIVO SOBRE O VINDEIRO NUMERO DE PEDRA ROSA

Por aquí vos deixamos dúas imaxes como adianto do que se está a cociñar sobre o noso vindeiro número do xornal escolar de atios PEDRA ROSA.
Contamos poder repartila uns días antes de rematar as clases.
Gracias a todos e todas vós (alumnos/as, profes e profas) un ano máis puidemos realizala!!!





2/6/16

INTERCULTURALIDADE

Trátase do último proxecto trimestral feito, no noso cole, polos alumnos/as de quinto e sexto de primaria. Por aquí vos deixamos un par de imaxes, do apartado gráfico, de dito proxecto. O estudo e traballo escrito, feito polo alumnado, poderelo ollar na biblioteca do noso centro.



25/5/16

ÚLTIMAS ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA



Uns animais ven mellor de día, outros de noite; uns captan movementos imperceptibles, outros ven mesmo mellor que os humanos. O sentido da vista en fauna de todo o planeta.



Salvar un famoso mergullador do ataque dun tiburón é a primeira fazaña dun intrépido polbo, á que seguirán outras divertidas aventuras.


13/5/16

DÍA MUNDIAL CONTRA A HOMOFOBIA

Deixamos por aquí un mural feito polo alumnado de SEGUNDO A xunto coa súa titora que veñen de facer para celebrar o vindeiro día 17 de maio, xunto coas Letras Galegas, o... 

DÍA MUNDIAL CONTRA A HOMOFOBIA:
O AMOR PODE MÁIS QUE O ODIO


4/5/16

ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA!!!




Cielo, azul, ir. Nubes, globos, plumas. Viaje y destino: una hermosa metáfora sobre los sueños que no deben quedar incumplidos.



Tirón a tirón, rima a rima, foron minguando a chaqueta, a camiseta, o pantalón... ata o bosque e o mesmo sol!



Ocurreu no zoo de Central Park, en Nova York. Tango foi a primeira pingüín que tivo dous pais. Unha familia diferente que nada, salta, xoga no estanque e que é feliz.

28/4/16

ASÍ CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO


Aquí vos deixamos un par de collage para que vexades o ben que o pasamos celebrando o día do libro. Como vimos facendo os últimos anos, os maiores axudan aos máis pequenos a ler un libro escollido por eles e facer despois un debuxo sobre el. Verdadeiras obras de arte!!!






21/4/16

23 DE ABRIL - DÍA DO LIBRO

O próximo venres 23 de Abril celebraremos no cole o "DÍA DO LIBRO". Faremos unha actividade especial onde os maiores se xuntarán cos peques para compartir contos, ler xuntos e facer ilustracións fermosísimas. Cando teñamos este traballo recompilado teremos o pracer de compartilo con todos vós.

12/4/16

ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA!!!



Edición enriquecida dun testemuño fundamental da memoria histórica do Holocausto. Sensible, contraditoria e ante todo vital, a protagonista comparte os seus segredos e vivencias, o medo e a esperanza, mentres o mundo colapsa fóra da 'casa de atrás'.