Esta actividade, de animación á
lectura, está deseñada para estimular o interese e gusto pola lectura nas
familias participantes e supón un traballo educativo, organizado e sensibilizador
ao redor do hábito lector, ao tempo que mellora destrezas e competencias na
lectoescritura.
Lembrámosvos que cada venres un
neno ou nena do grupo levará a mochila para a súa casa. Disporá de toda a
semana para “viaxar” con ela, ata que o seguinte venres terá que ser devolta.
Dentro da mochila, como xa sabedes, atoparédesvos con un montón de
libros, variados na súa temática, para ler en familia. Tamén vos atoparedes co Caderno Viaxeiro, un caderno no que, tamén xuntos, contaredes as
aventuras que vivistes “viaxando coa
mochila”: comentando o libro que máis os gustou, as emocións vividas, a experiencia
de traballar en familia…, empregando palabras, debuxos, imaxes…
Rematada a semana o neno ou a nena exporá
na clase o que él e a súa familia fixeron no Caderno Viaxeiro.
Está nas vosas mans estimular aos nenos e nenas no gusto pola
lectura. A nosa Mochila Viaxeira pretende pór
de manifesto o papel da famila na
formación do alumnado.
Contamos coa vosa participación.
E lembrade que… si vós ledes eles len!