9/6/18

SEGUEN CHEGANDO TRABALLIÑOS DA COMUNIDADE DE MONTES

Esta semana temos máis traballiños que fixerón os alumnos de 3º e algunhas alumnas de sexto para colaborar coa comunidade dos montes de Atios. Onde ademáis de mostrar as súas dotes artisticas empregaron a nosa lingua para a realización deste traballo.






3/6/18

COMUNIDADE DE MONTES

Xa temos no cole algúns dos traballiños que os nosos nenos e nenas fixeron para colaborar coa Comunidade de Montes. Neles trátanse temas coma a reciclaxe, a regra das tres R, a flora e a fauna dos montes de Atios...


20/5/18

MÁIS ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS 2018

Xa estamos aquí de novo para vós amosar algunhas actividades máis que levamos a cabo polas "Letras Galegas" para comezar traballamos a figura de María Victoria Moreno de diversos xeitos, tal e como podedes ver nesta presentación.


María Victoria Moreno

Ademáis celebramos o "Serán" no que gozamos da nosa música e do noso baile tradicional para iso contamos coa presenza da asociación  "Os Penediños" da que moito do noso alumnado é membro. Sen dúbida foi unha gran xornada de convivencia de toda a comunidade educativa.


15/5/18

LETRAS GALEGAS 2018

Estes días o cole convertiuse nunha festa xa que estamos a realizar diversas actividades para celebrar as "Letras Galegas" que este ano se lle adican a María Victoria Moreno. Comezamos cos recunchos de lectura aos que os nenos e nenas acuden para poder ler diversos contos. Mirade que ben o pasan!


RECUNCHOS DE LECTURA

Ademais contamos co contacontos de "Tarabelos" que veu acompañado polo seu Kamisibai que é un teatriño xaponés que se emprega para contar historias aos nenos e nenas. Mediante unhas láminas ilustradas o narrador vai contando o conto mostrando os debuxos  segundo vai sucedendo a historia. Foi un conto moi divertido xa que tivemos que participar facendo diferentes cousas.



Nestes días colgaremos máis actividades que estamos realizando para conmemorar esta data. Esperamos que vós gusten tanto como a nós.

7/5/18

PROXECTO O NOSO CORPO

O alumnado de primeiro esta realizando un proxecto sobre o corpo, nel aprenden como se chaman os ósos que forman o seu corpo, os músculos, cales son os aparellos que temos e para que serven. Ademáis de investigar sobre cantos sentidos temos as persoas, cales son os seus órganos e que podemos facer a través deles e moitas cousiñas máis.
Aquí vós deixamos unha pequena mostra

23/4/18

DÍA DO LIBRO: 23 DE ABRIL

Para celebrar o día do libro no cole, contamos coa visita de Anxo Moure que veu a contarnos uns contos sobre as árbores e a terra. Ademáis realizamos un ano máis a actividade "Ti + Eu = LIBRO" onde os maiores e os pequenos do cole comparten lecturas e o rematar o conto fan un debuxo sobre o mesmo. Este debuxo será unha páxina dun novo libro que elaboraremos entre todos e que por suposto, poderedes gozar del cando este rematado na biblioteca.

19/4/18

PROGRAMA DE EDUCACIÓN EN VALORES

Estamos traballando co alumnado de cuarto, quinto e sexto un programa de educación en valores. Concretamente "Programa Cinensino" mediante o cal o alumnado toma conciencia dos distintos valores a través do visionado de diversas películas  coa súa correspondente unidade didáctica, na que realizan diferentes actividades.

18/4/18

Novas adquisición para a biblioteca

A nosa biblioteca non deixa de medrar, aquí tedes dúas novas adquisicións. Esperamos que vos gusten e poidades gozar moito coa súa lectura.

15/4/18

CONCURSO

Dende o cole seguimos a participar nos diversos concursos que nos chegan. Neste caso o alumnado de terceiro e cuarto de primaria van a reflexionar sobre a importancia da auga, ademáis de aprender poden gañar uns premios moi tecnolóxicos. Aquí vos deixamos a información.



5/4/18

OBRADOIRO COEDUCACIÓN

Os nenos e nenas de cinco anos tiveron hoxe a segunda xornada do obradoiro de coeducación. Tiveron que debuxar a unha persoa realizando a súa profesión, e sabedes unha cousa? só había catro mulleres traballando nos seus debuxos. Despois viron un vídeo doutro cole no que sucedeu o mesmo pero contaron coa visita de tres persoas vestidas cos seus uniformes e as tres eran mulleres cousa coa que non contaban porque pensaban que nesas profesións no podían traballar homes. Logo tivemos que darlle voltas a cabeza pensando se coñecíamos algunha profesión que só fose para homes e outra só para mulleres, e descubrimos que non existe; todas as profesión poden realizalas tanto homes como mulleres. Despois vimos un conto no que había homes e mulleres facendo cousas as que non estamos acostumados a ver. Tivemos tanta sorte que ese mesmo conto nolo deron como agasallo para poder colorealo na nosa casa, e tamén unha lámina cun home e unha muller espidos os que lle podíamos vestir a roupa da profesión que nos quiseramos iso despois de coloreala. Aquí vos deixamos unha pequena mostra.