29/10/18

Sanmaín. Xornada de portas abertas



Mañá martes 30 de novembro, podedes pasaros a ver a exposición de cabazas do cole. Aberto de 17 a 18h.
Son unha pasada!


Vémonos!

26/10/18

Mochilas viaxeiras

Ola a tod@s, xa están rulando polas casas as mochilas viaxeiras con diferentes materiais en galego para toda a familia.

Con esta actividade os vosos fillos/as aumentarán o seu gusto pola lectura ademais de crear lazos de afecto e confianza nun espazo educativo.

Recordade escribir e/ou debuxar no caderno viaxeiro para despois contarnos en clase as vosas vivencias e opinións.

Esperamos que vos gusten e que aproveitedes todo o potencial que hai detrás desta actividade.

Boa semana!!





Os nenos se fan lectores no regazo dos seus proxenitores




19/10/18

Novos libros en galego na Biblio




Temos novos libros na biblioteca do centro, case todos en galego. Cada vez son máis nenos os que veñen no recreo a coller un libro e desfrutar da lectura. Anímovos a facer o mesmo. Un saúdo!

3/10/18

CALENDARIO






Ola de novo, aquí tendes o calendario de outubro.
Este mes a protagonista é Pippi Calzaslargas!!

Podedes descargar o calendario completo no seguinte enlace:

https://www.dropbox.com/s/pk05i1hjd4bs4p8/Calendario%202018-19%20CEIP%20Atios.pdf?dl=0

Bo día!

Recuncho FALA GALEGO E ALIMENTA O TEU EGO



Nos pasillos temos un recuncho dedicado ó galego, debaixo do noso lema "Fala galego e alimenta o teu ego" encontramos una gran variedade de chistes para pasalo ben empregando a nosa lingua.

20/9/18

VOLTAMOS DAS VACACIÓNS DE VERÁN

Ola a todos, xa estamos de volta no cole, hai algunas caras novas tanto no alumnado coma no profesorado e esperamos que sexa un gran ano e que o galego teña o papel que merece. Tamén hai movementos na Biblioteca do centro, con novas adquisicións coma as seguintes:



Isto é chegar e encher!

Esperamos que sexan do voso agrado e que todos teñamos un ano moi productivo.
Un saúdo! ;)

22/6/18

GRADUACIÓNS

Hoxe foi un día cheo de emocións, para os nenos e nenas, para as familias e como non para os mestres. O grupo de sexto de educación infantil graduábase e deixaba atrás a etapa de infantil para comezar a volta das vacacións a educación primaria.
Ao mesmo tempo diciamoslle ata sempre aos nenos e nenas de sexto de educación primaria xa convertidos nuns mociños e mociñas con moitas ganas de experimentar que é iso de ir o instituto e sentirse maiores.


21/6/18

EXCURSIÓNS FIN DE CURSO

Como cada ano o noso alumnado realizou a excursión de final de curso. Neste caso os nenos e nenas de infantil foron a Apipolis, lugar onde aprenderon unha morea de cousa sobre as abellas, vestíronse de apicultores e apicultoras e o máis importante disfrutaron moitísimo.

 

APIPOLIS

Como non podía ser doutro xeito o alumnado de primaria tamén disfrutou da súa excursión de final de curso. Este ano o lugar elixido foi a Xesteira, lugar onde puideron realizar escalada, lanzarse en tirolina, meterse nunha cova e aprender moitas cousas interesantes no obradoiro de bioloxía.


12/6/18

CANTOCONTO

Chegounos información sobre o festival de Cantoconto que se celebrará no Pazo de Mos o vindeiro 17 de xuño, ao longo da xornada realizaránse dous contacontos impartidos por Xarope Tulú e A Gravata Torta así como diferentes obradoiros e moitas cousas máis.
Aquí deixamos a información por se vos interesa.

9/6/18

O ALUMNADO DE QUINTO TRABALLA A DESCRICIÓN

Os nenos e nenas de quinto estiveron traballando a descrición de persoas, nesta ocasión tiñan que describir a un membro da súa familia. Algúns escolleron a súa nai,o seu irmán e  outros a un curmán. A verdade é que quedaron unhas descricións moi fermosas e completas.
Aquí as deixamos por se queredes botarlle unha ollada.