Deixámosvos por aquí as primeiras adquisicións (deste novo ano que acabamos de comezar) para a biblioteca da editorial Kalandraka . Botádelles unha ollada!!!
Un ameno achegamento a unha das obras máis importantes da historia da Arte a partir da análise dos seus detalles e da semblanza dun autor que quedou abraiado coa luz da Provenza.
Trece poemas do Poeta Nacional de Cuba, como trece lunas. Desde o Caribe, os versos de vanguardia do afrocubanismo e da mestizaxe con imaxes expresivas e conceptuais.
De pobo en pobo coa súa función de títeres: Manontroppo, Dragonzález y Marionetta fan as delicias de pequenos e maiores. Un poemario que rememora as peripecias da época xugraresca, co colorido e a estética actual.
No hay comentarios:
Publicar un comentario