26/11/14

PRESUME DE GALEGO!!!


Dende a COORDINADORA GALEGA DE EQUIPOS DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA estase organizando unha campaña na que tratarán de poñer en valor ante a sociedade o coñecemento e uso que fan da lingua no día a día os e as galegofalantes máis novos.
Queren escapar de estereotipos porque se trata de fomentar a autoestima dos galegofalantes contemporáneos (rurais, urbanos, periurbanos…) que pronuncian sete vogais, e calquera outro fonema propio do galego, que teñen acento autóctono e que, con menos de 18 anos, son quen de expresar na súa lingua o que pensan sobre calquera tema. Se estes senten orgullo da súa lingua non mudarán tan doadamente para o castelán fóra do seu contexto habitual e diante de persoas que empregan este idioma. 
Isto é, búscase que os falantes de galego en xeral, pero sobre todo o alumnado galegofalante en particular, sinta orgullo da súa fala.
Aínda que está en proceso o deseño da campaña, xa se programou unha acción (Presume de galego).
Trátase de realizar gravacións de galegofalantes como primeira medida de poñelos en valor. Recollendo, en menos de 1 minuto, as súas voces, poderán escoitarse no noso web como os mellores galegofalantes do mundo. A eles poderán acceder tamén xentes de contextos castelanfalantes, para que o alumnado que reside neles comproben que existe xente da súa idade que fala en galego habitualmente dos mesmos temas que poderían falar eles/as.
PICADE NA IMAXE OU NO ENLACE e...
Animádevos a participar!

No hay comentarios:

Publicar un comentario