23/9/15

PRIMEIRAS ADQUISICIÓNS DO ANO

Boas, presentámosvos as primeiras adquisicións do ano que o EDLG acaba de adquirir para a Bibliotecaq do noso cole:


Quería chegar máis e máis alto pero, en vez de axitar as súas ás, utilizaba unha escada... Cantas veces temos necesitado unha inxección de seguridade e de confianza para acadar os nosos obxectivos!



Axudado pola súa amiga a Lúa, Xoán terá que arriscarse para recuperar a saúde do seu pai. Un libro que lle dá resposta aos temores da infancia e aos desafíos da vida: soidade, tristura, enfermidade, morte...



Osito está impaciente ante o regreso de Papá Oso: quere pescar coma el, imaxina as súas aventuras no mar... A familia por fin volve estar unida no fogar; un fogar que non sería o mesmo sen as inquedanzas de Osiño.




Que mellores contos que os dos avós, que mellores ensinanzas que as súas! Por iso a Osiño lle gusta tanto visitar a Avoa e Avó Oso. Complicidade e tenrura a manchea neste fermoso libro de relatos breves.




Quen ten un amigo, ten un tesouro. Osiño comparte paseos, conversas e celebracións coa pequena Emilia ata que o final do verán trunca os seus encontros, pero non a súa amizade, que continuará na distancia.




Un libro interactivo e sorprendente para xogar coas palabras e cos seus antónimos. Como por arte de maxia, os filtros ópticos descúbrennos escenas, nocións e conceptos antagónicos... sen saír da mesma páxina!













No hay comentarios:

Publicar un comentario