2/10/17

AS MOCHILAS VIAXEIRAS

A partires de hoxe comezan a visitar as vosas casas "as mochilas viaxeiras", actividade deseñada para aumentar o interese e gusto pola lectura nas familas.

Esta actividade cobra gran importancia no proceso educativo dos vosos fillos/as xa que mediante ela, posibilítase a mellora de destrezas e competencias na lectoescritura.

A mochila viaxeira contén unha morea de libros, para os máis cativos, para os propios nenos/as, para os pais/nais...  de diversas temáticas así como un dvd do que podedes gozar todos xuntos. Así mesmo atópase un caderno no que contar as vosas vivenzas a través de debuxos, texto ou as vosas opinións sobre a mesma.

Esta visita terá unha duración dunha semana, o luns un neno/a levará a mochila a súa casa e o seguinte luns terá que devolvela para que outro compañeiro/a a leve ao seu fogar. Unha vez rematada a viaxe o neno/a exporá na clase o que el/ela e a súa familia fixeron no caderno viaxeiro.

Desta maneira pretendemos salientar a importancia das familias na formación do alumnado.

Non esquezades que,  os nenos fanse lectores no regazo dos seus pais!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario