Como mañá xa é xuño, deixámosvos unha nova entrega do calendario mensual.
Se queredes descargar este ou os anteriores aquí tedes o enlace
https://www.dropbox.com/s/pk05i1hjd4bs4p8/Calendario%202018-19%20CEIP%20Atios.pdf?dl=0
31/5/19
23/5/19
FESTIVAL DE CANS
Por fin chegou o día que, con tanta ilusión, agardaba o alumnado de terceiro e cuarto de primaria a visita ao Festival de Cans que o ano pasado rexistrou uns 13.000 visitantes. Lugar onde gozaron de varias curtametraxes, coñeceron un pouquiño máis sobre o cine dándose conta que non só existe o director e os actores ou actrices senón que interveñen moitas outras persoas, director de fotografía, producción... Puderon comprobar como tódolos veciños de Cans colaboran para que se poida realizar este festival cedendo os seus baixos a modo de salas de cine, prestando os seus chimpins para que os visitantes se poidan desprazar dun lugar a outro. Ademais poñen o Cansbus para que a xente que queira ir dende Porriño poida facelo por un euro, sen necesidade de levar cada un o seu coche e contribuíndo así co medioambiente. Tamén compartimos charla e por suposto reportaxe gráfico con Alicia, unha muller destacada en Can pola "leira de Alicia".
Se vós tamén queredes gozar deste festival, aínda podedes facelo ata o domingo. Animádevos!!
Se vós tamén queredes gozar deste festival, aínda podedes facelo ata o domingo. Animádevos!!
22/5/19
PONLLE AS PILAS AO TEU BOCATA
Como xa sabedes onte tivemos a sorte de contar no cole co obradoiro "Ponlle as pilas ao teu bocata" para o alumnado de infantil, primeiro e segundo de primaria. A alimentación é un tema moi importante, e sabemos que ter unha dieta equilibrada e rica nos permite medrar e danos a enerxía necesaria para facer o que nos gusta durante o día. Co obradopiro aprendemos moito das conservas que son? que levan?, realizamos quebracabezas dos alimentos que se atopan nas conservas, escoitamos a información e por último escollemos os ingredientes que queríamos que levase o noso bocata.
17/5/19
17 DE MAIO: DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Xa chegou o gran día, o día das "Letras Galegas" que este ano homenaxea a Antonio Fraguas Fraguas. Polo que hoxe a nosa lingua esta de aniversario. Nós queremos contribuir con este pequeno agasallo. Esperamos que vos guste.
16/5/19
OS PENEDIÑOS
Como xa ven sendo tradicional e como broche final a semana das Letras Galegas contamos coa asociación "Os Penediños" na cal participa moito do noso alumnado. Con eles gozamos do baile tradicional galego e dalgunhas cancións. Como novidade este ano todo o cole cantou con eles " A miña Rosiña" e "O Galo". Pasámolo xenial. Mirade, mirade!!
LETRAS GALEGAS 2019
Durante toda a semana estivemos a traballar no cole sobre as Letras Galegas, investigamos cando foi o primeiro ano que se celebrou, a quen se lle adicou, cal é o motivo desta celebración ademais de indagar cousas sobre Antonio Fraguas referentes a súa biografía a súa obra e algunhas curiosidades como os galardóns que recibiu. Fixemos un roteiro polo cole para ler os diferentes carteis que estaban pendurados das paredes e rematabamos no noso rechuncho do galego onde aínda tiñamos máis información sobre Antonio Fraguas. Elaboramos un mural xigante no que aparecen outros autores homenaxeados anteriormente. Entre todos os cursos do cole fixemos unha exposición co máis relevante deste autor e a penduramos na entrada para que as familias poidan achegarse un pouquiño máis a súa vida e a súa obra.
Aquí tedes unha pequena mostra de todo o que traballaron.
Aquí tedes unha pequena mostra de todo o que traballaron.
15/5/19
RECUNCHOS DE LECTURA
Como cada ano por mor da semana das Letras Galegas, e durante todo o mes de maio, levamos a cabo os Recunchos de Lectura. Neles os rapaces e rapazas gozan da lectura xunto cos seus compañeiros/as, unhas veces de xeito individual e outras de xeito compartido, os máis cativos contan coa axuda das súas mestras. Da gusto velos ler en galego!!!
14/5/19
13/5/19
CÉ, ORQUESTRA PANTASMA
Esta semana comezou dun xeito ben distinto das outras, nada máis chegar tiñamos a actuación de CÉ, Orquestra Pantasma, con el cantamos, bailamos e gozamos moito. Coñecemos varias historias a través da música e o mellor de todo na nosa lingua.
Dando comezo así a semana das Letras Galegas que este ano adícaselle a Antonio Fraguas Fraguas.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos, esperamos que gocedes tanto coma nós.
Dando comezo así a semana das Letras Galegas que este ano adícaselle a Antonio Fraguas Fraguas.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasamos, esperamos que gocedes tanto coma nós.
12/5/19
FRIDAYS FOR FUTURE
Como xa sabedes no cole colaboramos co movemento "Fridays for Future" dando a coñecer este movemento ao noso alumnado, manifestándose os venres e publicando a foto. Pois o alumnado de 5º B elaborou uns Lap books relacionados co tema, nos que se recollen tanto o cambio climático como cousas que afectan ao mesmo, teoría da reciclaxe, regra das tres R e algunhas actividades para poder ser conscientes do coñecemento que temos sobre este tema.
Aquí os tedes!!!
Aquí os tedes!!!
11/5/19
CANTOCONTO 2019
Un ano máis chega unha nova edición de "Cantoconto" aquí tedes o programa. Animádevos a participar!!!
10/5/19
CIDADE AMIGA DA INFANCIA
Hoxe uns compañeiros nosos foron ao pleno do Concello en representación do colexio, para seguir loitando polos dereitos dos nenos e nenas en colaboración con UNICEF. Pero sabedes unha cousa desta vez non voltaron coas mans baleiras, trouxeron un Título que abala a nosa participación.
8/5/19
COPLAS MAIOS ALUMNADO 3ºA
Hoxe toca gozar das orixinais coplas elaboradas polo alumnado de 3º A.Esperamos que vos gusten moito
Powered by
Issuu
Publish for Free
7/5/19
COPLAS MAIOS ALUMNADO 3ºB
Aquí tedes as fermosas coplas elaboradas polo alumnado de terceiro B.
Powered by
Issuu
Publish for Free
5/5/19
COPLA DE QUINTO A
Aquí deixamos a fermosa copla que elaborou o alumnado de quinto A, coa que gozamos todo o cole dun ratiño moi pero que moi festeiro.
2/5/19
FESTA DOS MAIOS
Hoxe foi unha mañá de moito traballo no cole, pues tiñamos que montar o noso "Maio". Para comezar as familias aportaron unha morea de cousas para poder facelo. Os nenos e nenas puxeron moito esforzo e ilusión, así pouquiño a pouquiño e coa axuda de todo o cole logramos construír un fermoso Maio. Todo sae mellor cando se traballa en equipo, e iso sabémolo moi moi ben.
Ademáis aprendemos moitas cousas por exemplo que "os Maios" é unha festa tradicional galega que se celebra dende fai moitos anos , con ela celebraban o remate do inverno e a chegada da primavera. Como en todo festa había música e baile e a xente elaboraba unhas coplas para cantar ao redor do Maio. Pois nós non queríamos ser menos así que tamén inventamos algunhas coplas que serán publicadas en breve. E os máis cativos despois de colaborar no "Maio" do cole fixeron os seus propios maios en papel.
Moitas grazas a todos e todas por facer que esta festa fose posible!!!!
Aquí tedes o vídeo.
Ademáis aprendemos moitas cousas por exemplo que "os Maios" é unha festa tradicional galega que se celebra dende fai moitos anos , con ela celebraban o remate do inverno e a chegada da primavera. Como en todo festa había música e baile e a xente elaboraba unhas coplas para cantar ao redor do Maio. Pois nós non queríamos ser menos así que tamén inventamos algunhas coplas que serán publicadas en breve. E os máis cativos despois de colaborar no "Maio" do cole fixeron os seus propios maios en papel.
Moitas grazas a todos e todas por facer que esta festa fose posible!!!!
Aquí tedes o vídeo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)