23/5/19

FESTIVAL DE CANS

Por fin chegou o día que, con tanta ilusión, agardaba o alumnado de terceiro e cuarto de primaria a visita ao Festival de Cans que o ano pasado rexistrou uns 13.000 visitantes. Lugar onde gozaron de varias curtametraxes, coñeceron un pouquiño máis sobre o cine dándose conta que non só existe o director e os actores ou actrices senón que interveñen moitas outras persoas, director de fotografía, producción... Puderon comprobar como tódolos veciños de Cans colaboran para que se poida realizar este festival cedendo os seus baixos a modo de salas de cine, prestando os seus chimpins para que os visitantes se poidan desprazar dun lugar a outro. Ademais poñen o Cansbus para que a xente que queira ir dende Porriño poida facelo por un euro, sen necesidade de levar cada un o seu coche e contribuíndo así co medioambiente. Tamén compartimos charla e por suposto reportaxe gráfico con Alicia, unha muller destacada en Can pola "leira de Alicia".
Se vós tamén queredes gozar deste festival, aínda podedes facelo ata o domingo. Animádevos!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario