Esta mañá no cole celebramos o día de Rosalía de Castro, aínda que o seu propio día é o 24 de febreiro. Este curso coincide que non estamos no colexio polas vacacións de entroido pero non queriamos deixar de conmemorar esta data.
Escribimos poemas de Rosalía nunhas follas e as empregamos para decorar a verxa da escola, deste xeito alumnado e familia poden gozar da poesía desta gran autora.
Ademais hoxe xuntámonos diante da verxa para añadir algunha poesía máis e gozar escoitando como algúns nenos e nenas recitaban poemas dela.
Para rematar demos un forte aplauso na honra desta gran muller "Rosalía de Castro" e como non podía ser doutro xeito o Recuncho do Galego esta adicado a ela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario