17/5/14

"BRINCA VAI!": MEU O MUNDO É

No DÍA DAS LETRAS GALEGAS... unha canción en galego! 

"Meu o mundo é!" é unha das 12 cancións incluídas no libro-cd-dvd "Brinca Vai!", composto e interpretado por Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor e vídeos de Sr. Sagüillo.
Cun amplo abano de ritmos -dende o techno ao rock, pasando polo reggae ou a música electrónica- este traballo publicado por KALANDRAKA pretende achegar a tradición á actualidade a través de estéticas contemporáneas. Son temas que figuran no currículo escolar: as estacións, a natureza, a lectura, a amizade, os xogos e as celebracións populares, festas como o Entroido, o Magosto, o Samaín ou o Nadal.

"Meu o mundo é!", gravado en distintos espazos da cidade de Pontevedra coa colaboración de amigos e amigas, conta que a nosa lingua non ten límites, que todo é posible en galego: arte, música, teatro, cine, deporte, ciencia... ata explorar o espazo! As nosas palabras son fermosas, poderosas e expresan o que sentimos. Vive en galego, constrúe o teu mundo en galego!



"En galego falo, en galego sinto,
en galego canto, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!
En galego leo, en galego escribo,
en galego bailo, sabes que non minto.
En galego todo podo facer,
en galego estou no mundo...
Meu o mundo é!"
[Retrouso de "Meu o mundo é!"]

No hay comentarios:

Publicar un comentario