28/9/15

HOXE PRESENTÁMOSVOS...!!!

Hoxe queremos compartir con todxs unha páxina web moi interesante que atopamos navegando pola rede e que dende o EDLG cremos moi importante compartila e darlle difusión.
Noraboa aos seus creadores!
Desexamos que vos guste!



23/9/15

PRIMEIRAS ADQUISICIÓNS DO ANO

Boas, presentámosvos as primeiras adquisicións do ano que o EDLG acaba de adquirir para a Bibliotecaq do noso cole:


Quería chegar máis e máis alto pero, en vez de axitar as súas ás, utilizaba unha escada... Cantas veces temos necesitado unha inxección de seguridade e de confianza para acadar os nosos obxectivos!



Axudado pola súa amiga a Lúa, Xoán terá que arriscarse para recuperar a saúde do seu pai. Un libro que lle dá resposta aos temores da infancia e aos desafíos da vida: soidade, tristura, enfermidade, morte...



Osito está impaciente ante o regreso de Papá Oso: quere pescar coma el, imaxina as súas aventuras no mar... A familia por fin volve estar unida no fogar; un fogar que non sería o mesmo sen as inquedanzas de Osiño.




Que mellores contos que os dos avós, que mellores ensinanzas que as súas! Por iso a Osiño lle gusta tanto visitar a Avoa e Avó Oso. Complicidade e tenrura a manchea neste fermoso libro de relatos breves.




Quen ten un amigo, ten un tesouro. Osiño comparte paseos, conversas e celebracións coa pequena Emilia ata que o final do verán trunca os seus encontros, pero non a súa amizade, que continuará na distancia.




Un libro interactivo e sorprendente para xogar coas palabras e cos seus antónimos. Como por arte de maxia, os filtros ópticos descúbrennos escenas, nocións e conceptos antagónicos... sen saír da mesma páxina!













21/9/15

BENVIDOS AO CURSO 2015/16


Chegou setembro e con el unha nova oportunidade para aprender e descubrir moitas cousas: leremos moitos libros, investigaremos xuntos, saborearemos cómidas típicas, veremos cousas bonitas no teatro, recibiremos visitas, faremos saídas, montaremos moitas festas, escoitaremos música... e un montón de cousas que faremos no cole para disfrutar aprendendo... en galego que é a nosa lingua preferida! 

Este blog quere ser unha fiestra para que poidades compartir as nosas aventuras. Esforzarémonos por facelo ben, contamos coa vosa axuda!!!

6/3/15

ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA NO MES DE MARZO

Aquí vos presentamos as novas adquisicións que o EDLG adquiriu neste mes de marzo para a biblioteca. Recordade que todas estas novidades serán presentadas na exposición que se fará durante a semana das Letras Galegas.
Desexamos que vos gusten:


As habilidades, costumes e curiosidades dunha trintena de animais terrestres, acuáticos e voadores, representados coa técnica do collage e cun chamativo tratamento cromático. Unha maneira amena e orixinal de achegarse á fauna, apreciar a biodiversidade e viaxar por todo o mundo.


Unha pequena biografía ilustrada sobre a vida e a obra do grande arquitecto modernista, que tivo na natureza a súa maior fonte de inspiración. Un libro que, a modo de guía turística, invítanos a visitar as súas construcións máis emblemáticas na cidade de Barcelona.


Cando tigre pequeno enferma, oso pequeno preocúpase de coidalo e todos os veciños do bosque o acompañan no seu traslado ao hospital de animais. A auténtica amizade, máis aínda nos momentos difíciles, é o cerne deste relato entrañable e propenso ao sorriso.


27/2/15

XVI SALÓN DO LIBRO: DA CIENCIA Á FICCIÓN

Da ciencia á ficción” será o título do XVI Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, que terá lugar do 27 de febreiro al 28 de marzo de 2015 . 
"A ciencia, a lóxica, a explicación racional a feitos incribles: O home na lúa, os robots, a realidade virtual, etc.
As matemáticas, a astronomía, a bioloxía, a física e a química,... esclarecen feitos obxectivos e observables que inspiraron grandes historias de ficción. Historias, que chegaron e chegarán a converterse en realidade grazas á ciencia.
Falamos de ciencia, de ficción, e da delgada liña que as separa.

PICANDO NA IMAXE ACCEDEREDES A WEB

24/2/15

24 DE FEBREIRO: O DÍA DE ROSALÍA

Hoxe celebramos un día moi especial, o DÍA DE ROSALÍA que se celebra o 24 de febreiro coincidindo coa data do seu nacemento.

E para que vos deades conta da importancia desta festividade, picando na seguinte imaxe poderedes acceder a unha noticia moi boa que os nosos compañeiros e compañeiras encargados do blogue da biblioteca do ceip de Seixo (Marín) quixeron publicar para compartilo con todos e explicárnolo.



19/2/15

XOGOS EN GALEGO



O Xocas é labrego, e tamen é galego, polo que irremediablemente implica que ten vacas. Ademais o Xocas como moitos miles de labregos galegos adicase á venda de leite, do mesmo xeito que fixera o seu pai e mailo seu abó, o certo é que el non lembra outra cousa na súa casa, dende ben pequeno acorda levar o pote de leite á estrada para que pasaran da fabrica a recollelo, daquela eran os caldeiros de lata, e os camiños sen asfaltar, e no verán enchianse de pó os caldeiros por fora cando ia vento. 
Ó Xocas hoxe en dia non lle chega o traballo que poida aportar el mesmo (que é moito), senon que precisa duns papeliños que lle din o número de litros que pode vender. Isto non seria problematico se ditos papeliños lle deixaran producir os litros necesarios para levar adiante a súa explotación gandeira, pero iso por desgracia non é asi. 

Axuda ó Xocas a atrapar os papeliños que acrediten a súa cota leiteira, cando vexas voando o papel da cota pola foto do Xocas e as súas vacas, apunta enriba dela coa frecha do teu rato e preme o boton esquerdo nese intre, tes que ser moi rapido, xa que a cota é dificil de atrapar, hai moi pouca é fuxe coma un lostrego. Xocas precisa 5 papeis de cota lactea para ir sobrevivindo.


9/2/15

MATERIAL PARA TRABALLAR O ENTROIDO

Deixámosvos por aquí un enlace ao que accederedes si picades na imaxe. 
Trátase dunha recompilación de actividades organizado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística.
Desexamos que lle saquedes moito proveito e que nas vosas casas descarguedes o que queirades para traballar neste Entroido.



Así mesmo, a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) pon á disposición dos centros educativos e dos equipos de dinamización da lingua galega novos materiais e recursos relacionados coa celebración do Entroido que nós queremos compartir con todas/os vós.
Picando na imaxe accederedes aos materiais:




2/2/15

NOVIDADES PARA A BIBLIOTECA DO MES DE FEBREIRO




Antes de durmir, a avoa cociñaba, lía e contaba contos; logo deu en facer cousas estrañas... Un fermoso libro para todas as avoas e avós que esquecen, para todos os nenos e nenas que coidan dos seus avós e avoas.



Un clásico con ritmo e rima para a hora de durmir. Unha travesura canina convértese nunha divertida persecución rodeada de osos expresivos. Sendak, na súa faceta de ilustrador, para primeiros lectores.