Hoxe temos unha recomendación para que, do 29 de novembro ao 1 de decembro, teñades unha fin de semana diferente en familia. Se podedes achegarvos ata Pontevedra animámosvos a disfrutar de CULTURGAL: a Feira das Industrias Culturais, a gran casa da cultura galega.
Haberá moitos momentos para sesións de contacontos, concertos e ciencia, presentación de libros con espectáculos teatrais e musicais como “Pan de millo” de Migallas Teatro (do que vos falaremos a próxima semana) ou “Toc Toc” de Pablo Díaz, achegamento aos títeres da man de Tanxarina e de Anxo Moure coa Tiricleta, espectáculo de circo de Pistacatro, encontros con autores e ilustradores como acontece co escritor Manuel Rivas e o seu novo conto O raposo e a mestra, presentacións de xoguetes como o do Xabarín Club, unha casa de xogos, etc, etc… haberá tantas cousas diferentes que non ides saber polo que decidirvos!!!
Estos son algúns dos espectáculos dos que poderedes desfrutar:
|
"Impreuna" espectáculo de circo de Pistacatro |
|
Espectáculo musical con: Os tres tenedores |
|
"Toc, toc". Libro-disco de Pablo Díaz |
|
"Trogloditas" de títeres Tanxarina |
|
Cine: "A tropa de trapo no pais onde sempre brilla o sol" (nominada aos Goya 2011) |
O acceso á Feira continúa a ser gratuíto pero haberá opción de pagar unha entrada voluntaria. É unha das accións da organización da Feira para concienciar ao público de que a cultura é algo de todas e todos. Non irás coas mans baleiras; a cambio da entrada, recibirás unha chapa que te distinguirá como micropatrocinador de Culturgal.
Deixámosvos varios enlaces para que vexades a programación e consultedes toda a información.
Non volo perdades!!!