Con motivo da cElebración do IV Día da Ciencia en Galego o vindeiro martes 12 de novembro, a Coordinadora Galega de ENDL convida a todos os centros educativos non universitarios a participar en dúas videoconferencias vía web, na que destacados investigadores galegos da Universidade de Santiago de Compostela achegarán temáticas de interese curricular para o noso alumnado e os proxectos científicos que desenvolven na actualidade. Ademais de seguir a videoconferencia, os centros escolares que desexen participar terán a posibilidade de interaccionar con eles vía chat a través dunha sala virtual de fácil manexo.
Acabo de bater con este voso blogue.
ResponderEliminarQuería agradecervos esta referencia que me fixéchedes.
Grazas a ti Cibrán. Alegrámonos de que nos atoparas e desexamos que sigas esta viaxe con nós e que sean de moita utilidade o que compartimos dende Atios
Eliminar