26/11/13

SEGUNDA ENTREGA COAS NOVAS ADQUISICIÓNS PARA A BIBLIOTECA

Novos libros para todos e todas vós:




Con páxinas de cartón, un atractivo deseño e formato red para primeiros lectores, acompañamos o entrañable Renato nas súas aventuras polo bosque. Os personaxes saltan do papel ao gardarroupa convertidos en cómodos pixamas da colección de moda infantil de Casa K.



           


A montaña rusa, os coches de choque, as luces multicor, a música e o balbordo. O parque de atraccións ponse en movemento aplicando unha antiga técnica de animación, ao desplazar unha lámina de acetato sobre as ilustracións de este libro interactivo e sorprendente.




Unha sinxela e práctica guía da rica biodiversidade mariña que reúne un centenar de animais e plantas, algúns en perigo de extinción. Unha obra que fomenta a curiosidade e a sensibilización de nenos e de adultos polo medio natural e a súa conservación.



Abellas, corvos, estorniños, pombas... todos incordian o sono do bufo. Un conto acumulativo e repleto de sonoridades, que reúne unha boa representación da fauna do bosque, onde este sabio paxaro é o rei da noite.




A maternidade a través da poesía e da arte, entre a tenrura e a exuberancia cromática. Un canto universal ao amor e á vida en toda a súa extensión, dende o ser humano e as criaturas que nos rodean, ata a Nai Terra.




2 comentarios:

  1. Ese último libro de kalandraka que levou o IV premio compostela para álbum ilustrado, ten unha pinta exquisita

    ResponderEliminar
  2. E para quen o merque de agasallo unha preciosa libretiña semellando o libro en pequeniño. Vale a pena!!!

    ResponderEliminar