3/5/13

OS NOVOS LIBROS PARA A NOSA BIBLIOTECA (3ª parte)

     Dende o equipo de dinamización da lingua Galega, temos claro que un dos nosos obxectivos é motivar ao alumnado, as familias... para que lean en galego, pero tamén nos gusta que lean noutras linguas, por iso na nosa exposición, tamén hai libros en castelán e incluso en inglés. 

     Presentando estes libros, e un corto de cine que tamén estará na biblioteca o próximo curso, rematamos a presentación da nosa exposición de libros. 
     Esperamos que teñades ganas de achegarvos a biblioteca en canto comece o vindeiro curso para gozar da lectura dalgún destes contos.



The Little red hen 
She found some grains of wheat, she planted them, she cut the wheat, she went to the mill, she baked the bread... But neither the dog nor the cat nor the duck helped her to do all that work, they were so idle and lazy. 


Nests 
Big, small, approachable, hidden, original or simple nets... these funny birds live in different places. So different and similar at the same time, birds raise our curiosity and admiration.


Little cat and the snow 
White as snow, black as coal. The friendship between Little Cat and Rabbit is the paradigm of the integration of two species that, the same as the persons, can be both equal and different

Migrar 
fenómeno da emigración de México a Estados Unidos, cheo de riscos e penurias, a través da mirada infantil. Ilustrado coa técnica artesanal do papel amate e cunha encadernación especial, esta obra de arte gañou o Premio Novos Horizontes da Feira do Libro Infantil de Bolonia e o Premio Antonio García Cubas de la Feria del Libro de Antropología e Historia de México.


La niña de rojo 
Versión moderna do clásico de Carapuchiña vermella na que Sofía, ata chegar á casa da súa avoa enferma, ha de cruzar unha gran cidade chea de atractivos... e perigos. Cunhas ilustracións que invitan a perderse en todos os seus detalles e as súas mensaxes críticas.


El idioma secreto 
...unha avoa rural, o seu valioso legado de palabras para coñecer o mundo e habitalo. A obra galardoada co V Premio Internacional Cidade de Orihuela é un poemario escrito e ilustrado co corazón, sobre os dons da natureza e os recordos entrañables da nenez. 

Nueva York en pijamarama 
Un libro dinámico e interactivo, baseado na técnica do ombro-cinéma, para facer unha viaxe a vista de paxaro sobre a cidade dos rañaceos. Contén unha lámina de acetato que, ao superpoñerse sobre as páxinas, crea un sorprendente efecto óptico de movemento. 


La estrella alcanzar 

"La estrella alcanzar , unha historia de amizade e lecturas" é unha pequena curtametraxe do cineasta chileno Cristian Galaz, está baseado nunha historia real
"A estrela alcanzar" dá especial énfase á boa lectura dos nenos en Chile. Mostra a vida que, en xeral, moitos nenos sen fogar e de bo corazón, demostran querer, aprender e ensinar a outros, que non necesariamente os libros deben ser aburridos se non que tamén teñen aventuras moi entretidas que axudan a desenvolver máis a imaxinación. O seu tema principal, polo tanto, é o importante que é para nós, que os nosos nenos se interesen pola lectura. Outro punto clave nesta linda rodaxe, é a apreciación que se lle dá á escola ou colexio, e o importante que é, aínda que moitas veces non o recoñezamos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario