2/5/13

OS NOVOS LIBROS PARA A NOSA BIBLIOTECA (2ª parte)

     Hoxe presentamos algún libro mais da nosa exposición que nuns meses pasará a formar parte da biblioteca do centro. Todos os libros son da editorial Kalandraka, excepto o libro de lendas que é da editorial Galaxia



Bandada 
A obra gañadora do V Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, maxistral dende o punto de vista da técnica artística, é unha fermosa metáfora sobre a historia da humanidade. As aves representan as ambicións das persoas; as boas intencións que se tornan perversas. Aínda que un fulgor de esperanza resplandece no horizonte...





Cazar un oso 
Atravesando un campo de herba, un bosque, un río... cazar un oso é unha aventura chea de emoción e imprevistos na que pode involucrarse toda a familia.



Imos buscar un tesouro 
Buscando fortuna para poder satisfacer os seus caprichos, Oso e Tigre atopan a toupa, o peixe, o león, a galiña e o burro. Pero é o moucho o que lles dá un bo consello sobre o mellor dos tesouros: a amizade.



Baile diminuto 
De onde saíron os animais diminutos que atravesan a mañá do xardín? Será que un día non eran nada e logo foron grilos, vermes, bolboretas?



Ocultos, animais extraordinarios 
Camuflados no ecosistema, sofisticadamente mimetizados na terra, na neve, no fondo mariño ou entre a vexetación. Así é como conseguen sobrevivir enganando os seus depredadores e as súas presas.




Ser amigos 
Confianza, apoio mutuo, compartir bos e malos momentos... as claves para convivir en harmonía, a través do testemuño de simpáticos animais.



Lendas galegas de tradición oral 
A literatura oral, a enorme e riquísima tradición popular galega, recóllese nesta antoloxía dasLendas galegas de tradición oral. Unha recompilación ampla e representativa na que cada unha das manifestacións da imaxinación, desde as historias dos mouros ás cidades asolagadas, pasando polas lendas de tesouros, lobos e lobishomes, chega aos lectores e lectoras con toda a súa fantasía. As vellas historias de sempre, contadas co mesmo pulo narrativo que fascina xeración tras xeración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario