Para hoxe ofrecémosvos un chisco de MÚSICA. Un cd musical moi especial. Títúlase UXÍA: ROSALÍA PEQUENIÑA, producido pola Editorial Galaxia: sonárbore e coas ilustracións de Marina Seoane.
Pinchando no seguinte enlace e a continuación na palabra "aquí" poderedes descargar o tema, presente no novo libro-disco de Uxía o
tema ‘A grasia non era moita’, que pecha o traballo e no que a
cantautora Sés e a propia Uxía, achegan a Rosalía a nós, a ritmo de
blues.
Harmónicas que falan, guitarras que bambolean o mundo. E Rosalía, pirata dos nosos días, punki galega de hoxe, como nos lembra Begoña Caamaño, soando festeira e liberadora no século XXI.
No hay comentarios:
Publicar un comentario