17/6/13

CONTOS SOLIDARIOS

Hoxe queremos compartir con todos/as vós esta fermosa páxina. 



     Para todos os que aínda non saibades nada dela dicirvos que CONTOS SOLIDARIOS é un proxecto cultural, medioambiental e de solidariedade promovido polo contacontos galego Anxo Moure, que dende o ano 1989 percorre as terras de Galiza, Asturias, Portugal, O Bierzo..., contando historias solidarias coa terra e coas persoas que a habitan.

  Contos Solidarios defende o conto como ferramenta educativa, de sensibilización e loita para construír un mundo en harmonía co ecosistema e garante da xustiza social.

2 comentarios:

  1. Esta xenial, é un proxecto fantástico!! Grazas por axudarnos a descubrir páxinas tan interesantes.

    Quédome con decálogo dos dereitos dos nenos a escoitar contos ^_^

    http://www.contosolidarios.org/decalogo.htm

    ResponderEliminar
  2. Grazas a vós por seguirnos e atoparlle utilidade ao que publicamos, facemos e compartimos.

    ResponderEliminar