14/3/14

XV SALÓN DO LIBRO 2014 (PONTEVEDRA)

Hoxe Venres día 14 queremos comunicarvos a todos e todas que comeza o XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.



Nesta edición os creadores preséntannolo así:
     A lume lento, como todo o saboroso. Como as receitas das nosos/as avós/oas, cargadas de historias, de grandes xuntanzas en torno a unha mesa, de tradición. De ingredientes de primeira calidade, sementados con traballo e recollidos con esforzo, cociñados con agarimo. Esa é a fórmula máxica para que o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra cumpra 15 edicións, mantendo a súa esencia inicial e cheo de frescura para seguir “Cociñando contos”.
Traballo, ilusión, imaxinación, creatividade, compañerismo, tradición e innovación, participación, compromiso, cariño, coidado e mimo, profesionalidade, implicación, esforzo. Eses son os ingredientes cos que cociñamos esta edición tan especial, na que non pode faltar o máis importante: vós, que do 14 de marzo ao 5 de abril estades convidados a degustar un suculento menú cheo de actividades, contos, espectáculos, obradoiros, presentacións, concertos e moito máis.

NON VOLO PERDADES!!!

2 comentarios:

  1. Gracias por manternos sempre informados de actividades interesantes de fin de semana para facer cos nenos

    ResponderEliminar
  2. Gracias a ti Martina por seguirnos. Desexamos que sigas disfrutando da viaxe pola PEDRA ROSA DE ATIOS

    ResponderEliminar