6/5/14

PONTE...NAS ONDAS!!!

Estamos xa preparando a XX edición da Xornada Multimedia de Comunicación “PONTE...NAS ONDAS! Por esta razón queremos convidarvos a participar nunha celebración que pretendemos sexa moi especial.
Desde a primeira edición da xornada “experimental” de radio interescolar a experiencia foi evoluíndo e transformándose coa colaboración e as suxestións dos participantes. Así, realizáronse programas de radio en directo ( ou pregravados ) no día de Ponte...nas ondas! emitidos pola FM das emisoras de radio , fixéronse colaboracións radiofónicas con emisoras comerciais , emitiuse simultaneamente a programación a traves de Internet, elaboráronse programas de televisión emitidos en directo por Internet...un amplo abano de opcións encamiñadas a ofrecer un espazo para a innovación e a creatividade!
Durante estes vinte anos os centros educativos foron os protagonistas e os mantedores de todas as actividades de Ponte...nas ondas! Por esta razón facemos un chamamento a todos eles e especialmente a aqueles que ao longo destas dúas décadas máis activamente se mantiveron NA PONTE. O librodisco-dvd recolle parte de todo este traballo. O patrimonio galego-portugués ten sido outra liña de traballo de Ponte...nas ondas! Nesta vixésima edición dirixímonos aos centros educativos para que continuen a traballar neste ámbito , producindo programas sobre o noso patrimonio común para esta edición. Por todo isto, queremos celebrar toda esta traxectoria cunha nova demostración de creatividade e enxeño. Animamos á participación con diversos premios cos que tratamos de recoñer o voso traballo. Para iso , convidámosvos a inscribirvos nesta XX PONTE...NAS ONDAS!


No hay comentarios:

Publicar un comentario