26/3/14

SEGUIMOS COAS NOVAS ADQUISICIÓNS DA BIBLIOTECA

     Presentámosvos os novos libros que nos chegaron á Biblioteca para o vindeiro curso. Lembrade que haberá unha exposición na Semana das Letras Galegas para poder velos todos con máis calma:

Malia ser diferente a outros canguros, as súas ás serven para máis que voar: perseguir os seus soños e vivir emocionantes aventuras. Un álbum sobre a autoestima, a superación e a busca da felicidade.




La codicia de quenes controlan o poder na capital do Grande Continente ameaza a vida pacífica dos habitantes dun archipélago paradisíaco para explotar as súas riquezas naturais. Un clásico dos anos 50 moi actual; metáfora crítica contra a dominación e en defensa da liberdade.



Fondosas, coníferas, palmeiras. Árbores de todo o mundo nun compendio interdisciplinar que abranque aspectos científicos, ecolóxicos e simbólicos, con ilustracións de estilo naturalista.




"Nós forneamos para ti mentres ti durmes": Un recordo da niñez que, a través dun relato onírico, converteuse nun álbum de referencia en todo o mundo, superando mesmo a censura do puritanismo. 2014, o ano Sendak de Kalandraka.



No hay comentarios:

Publicar un comentario