O proxecto Tíralle da Lingua, está dirixido ao alumnado e profesorado de todo o país, co obxectivo de normalizar o uso oral da nosa lingua, converter o idioma en instrumento de comunicación normal, de creación e recreación de historias... de lingua de uso do noso sistema educativo, en definitiva, de devolverlle ao galego o espazo que lle corresponde.
É importante a fase previa de dinamización nos centros, animando ao alumnado a participar. A fase final do concurso terá lugar o día 24 de abril no IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela.
A AS-PG oferta aos dez primeiros centros que se inscriban, unha sesión de creación ou recreación oral con algún contacontos profesional.
Agardamos que sexa do voso interese, un saúdo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario