Presentámosvos os últimos exemplares para a Biblioteca de cara ao vindeiro curso.
Como a exposición permanente de novas adquisicións segue funcionando nos corredores do noso cole estes libros van directos para a exposición.
Mirade cales son:
O oído dos pre-lectores esperta a un mundo de sonoridade, onomatopeas e sensacións. Instrumentos musicais, palmas e bicos envoltos en delicadas ilustracións.
Próximos e accesibles, os obxectos cotiás que protagonizan estes versos elévanse á categoría literaria. Musicalidade e harmonía nunha proposta que une poesía e imaxe por e para os pre-lectores.
Amizade, ledicia, xogos... Imos sumando, do 1 ao 10, personaxes e situacións que acompañan os máis pequenos no seu día a día. Iniciación á poesía con libros de cartón e formato reducido.
A disposición espacial dos obxectos e o recoñecemento do contorno, tan importantes dende idade temperán. Versos e imaxes unidos para favorecer a lectura autónoma.
Achegamento dos máis cativos ao ritmo e á rima con versos sinxelos e cromáticos. Azuis, verdes, vermellos... os ratiños mudan de aspecto e sorprenden os lectores coa súa simpatía.
A disfrutar deles!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario