5/5/14

INTERCAMBIO CO CEIP DE BUDIÑO

O alumnado do 3º ciclo do noso cole acaba de realizar un intercambio co alumnado do CEIP de Budiño dentro dunha actividade programada polo EDLG en colaboración co mesmo equipo do centro de Budiño. Trátase de proxectos anuais nos que se traballan arredor dunha temática concreta. Este ano o tema foron: AS GÁNDARAS DE BUDIÑO.
O alumnado aproveitou moito esta xornada. Agora con toda a información necesaria cada centro elaborará os seus traballos para logo expoñer neste blogue e nas páxinas webs dos respectaivos coles e así compartilos.
Deixámosvos por aquí algunhas fotos da xornada:









Ata outra amigos e amigas de Budiño!

No hay comentarios:

Publicar un comentario